

» ¿Por que Vento Mareiro?

» Ficha de cata |
 |
 |
 |
 |
ir vertendo, ó pasar, na aldea en calma,
este saúdo todo mel da alma (...)
¡Repouso encantado
das tardes do vran!

Ramón Cabanillas, Vento Mareiro
|
Características do viño
Vento Mareiro elabórase con uva albariña 100%, vendimada con mans agarimosas na segunda quincena de cada setembro. Logo dos veráns secos e cálidos da bisbarra do Salnés, de aventaxado clima durante todo o ano, cando a uva acada no punto xusto de maduración, xorde o viño que será privilexio para o padal.
|
 |
 |
Vento Mareiro parte do método tradicional de pé de cuba, pero non renuncia ás vantaxes da tecnoloxía: caixas de 20 kgs. para a vendima, prensado suave e pneumático, despalilladora, fermentación con temperatura controlada en cubas de aceiro inoxidable, estabilización por frío, filtrados baixo cero... |
| Vento Mareiro elabórase e comercialízase dentro da denominación de orixe Rías Baixas por Adega Durán S.L.
|
|