 |

 |
 |
|

|
 |
 |
 |
¿Por que Vento Mareiro?
O vento mareiro é o aire que vén do mar, que determina o clima do Salnés coa súa morneza e que fai que agromen as cepas de uva albariña.
|
 |
 |
Ramón Cabanillas, o gran poeta galego nacido en Cambados trouxo esta expresión, propia da comarca, para a lingua de todos os galegos. Con ela bautizou un dos seus emblemáticos libros de poesía e o seu nome recolleuno unha asociación de recuperación da cultura galega no Cambados dos anos 70. |
| Cando Pepito Durán, fundador da adega de Vento Mareiro e o poeta Cabanillas cruzaban polas rúas de Cambados saudábanse cun expresivo "¡que vento mareiro vai!". Desa brisa está feito o viño e en 1989 Mari Carmen Durán propón que o noso viño levase esta fermosa expresión: Vento mareiro.
|
« Vento Mareiro | Ficha de cata
|
|  |
 |