 |

 |
 |
|

|
 |
 |
 |
O Salnés
O Salnés é unha terra doce bañada polo mar da Arousa. A capital do albariño, Cambados, é o particular paraíso turístico do Val do Salnés. Sérvelle ao viaxeiro apetecibles viandas que acompañar con albariño. A principal, o marisco: ameixas, centolas, vieiras ou ostras, ademais dunha abondosa variedade nos mellores peixes. O mar tamén axuda a medrar terras fértiles que poñan na mesa o mellor das hortas.
|
 |
 |
De raigame en asentamentos Celtas arredor do lugar onde o río Umia bica o mar, na orixe de Cambados os castros de Castrelo, Corbillón, A Grenla e A Pastora dos que aínda quedan vestixios. |
Forman o lugar os núcleos de Cambados, San Tomé e Fefiñáns, que recomendamos para pasear con vagar. Durante a súa visita a Cambados, terá unha boa oportunidade para visitar Adega Durán e mercar un albariño Vento Mareiro.
« Adega | Denominación de orixe |
|
|  |
 |