

» A comarca

» Denominación de orixe
|
 |
 |
 |
 |
"¡Ou meu sono labrego! Unha casiña
preto do río, ó abrigo dos pinales,
con piorno e alboios nos currales
e palleiros na eira e na curtiña."

Ramón Cabanillas, Vento Mareiro
|
A Adega
Adega Durán entende o albariño e o que o rodea coma modo de vida: un modelo de crecemento sostido, en equilibrio e respecto co medio ambiente. Xa hai uns cen anos que leva funcionando esta adega, de ámbito familiar, nunha estirpe que combinaba a súa actividade principal, armadores de barcos de baixura, coa de tratantes de gando e taberneiros. Daquela o viño vendíase nas feiras da comarca e en Santiago. A partir dos anos 70 participou na Feira do Albariño de Cambados cun posto de seu.
|
 |
 |
Pero en 1989, á par da constitución do Consello Regulador, Xosé Ramón (Roque) Durán aposta polo progreso e toma a decisión de transformar a actividade na sociedade Adega Durán S.L., sen perder a tradición artesá e o respecto pola coidada elaboración. |
| Desas cinco hectáreas de viñedos propios (nos concellos de Cambados, Ribadumia, Meis e Meaño) sae un viño honrado, sinxelo e elegante. Vento Mareiro tira a forza da súa imaxe da viña familiar. Velaí a calidade e a diferencia. |
|